CRTVG

Buscar

Para Carlos Pita o partido do Cartaxena vai marcar o futuro do Lugo como club

Publicado o 21/05/2021 15:32

Esta mañá o Lugo adestrouse no Anxo Carro. O equipo conxúrase para tentar acadar unha salvación agónica, tal e como acontecera o ano pasado. Nos dous últimos encontros o Lugo sumou 4 puntos. Nesta dinámica positiva, o luns reciben o Cartaxena e acabarán a liga o seguinte domingo en Vallecas. Pero agora memo o equipo só pensa en acadar os tres puntos ante o Cartaxena. O apoio da afección pode ser unha vez máis decisivo.

Noticias web

21/05/2021