CRTVG

Buscar

Para a xeración Z do deporte galego o desafío é meterse nunha final dos xogos

Publicado o 21/07/2021 12:12

Para a xeración Z do deporte galego o desafío é meterse nunha final. Son debutantes. E moi novos.

Adrian Ben, 22 anos. Sorprendeu no mundial do 2019 coa mellor actuación dun español na historia dos 800 e acaba de bater a súa mellor marca persoal na Daiamond League. Tocan os Xogos.

Antía Jácome foi a última galega en clasificarse. Non logrou o billete en C2. Pero estará coa súa canoa nunha proba en que apenas ten referencias das súas rivais.

Unha das grandes sorpresas é Caetano Horta. Parella de Manel Balastegui por causa da renuncia a última hora de Rodrigo Conde. Caetano Horta, un campión de Europa júnior situado agora na elite

Julia Benedetti é a máis nova da expedición galega. Dezaseis anos. O skate aparece por vez primeira nos Xogos. E Julia está entre as 20 mellores do mundo. Debuta nuns Xogos, como Adrian, Caetano e Antía. Son a xeración Z

Noticias web

21/07/2021