CRTVG

Buscar

Pape Cheikh adestra xa co Celta

Publicado o 15/08/2019 20:08

É a imaxe do día. Onte asinaba o contrato que o vincula co Celta polo menos unha temporada, e hoxe Pape Cheikh completou o seu primeiro adestramento ás ordes de Fran Escribá. Chega coa pretemporada feita. Vímolo moi pegado a Rubén en todo momento, con quen non parou de brincar. Okay xa fixo a meirande parte do adestramento co grupo, pero todo apunta a que o turco non estará pronto para o partido contra o Madrid. Iso podería darlle minutos e incluso a titularidade a Pape no debut ligueiro.

Noticias web

15/08/2019