CRTVG

Buscar

Pánico en Times Square ao confundir o ruído dunha motocicleta cun tiroteo

Publicado o 07/08/2019 16:01
Pánico en Times Square ao confundir o ruído dunha motocicleta cun tiroteo

Espectacular desbandada en Times Square, seguramente o cruzamento de rúas máis concorrido do mundo. Sucedeu esta madrugada, cando eran as dez da noite en Nova York. Custa crelo, pero algúns viandantes confundiron o ruído dunha motocicleta cun tiroteo e botaron a correr. O pánico estendeuse entre os presentes e aí teñen o resultado do que en realidade foi unha falsa alarma.

 

Noticias web

07/08/2019