Pan galego con Indicación Xeográfica Protexida, a posta en valor dun produto artesanal
Os panadeiros galegos levaban anos reclamando a Indicación Xeográfica Protexida para o seu produto estrela.
Agora será unha realidade, un selo co que defender o seu xeito de producir e traballar. Queren ademais deste xeito por en valor a calidade dos seus produtos de cara o consumidor.
E diso saben moito porque o nome do pan galego chega a día de hoxe con facilidade a moitos consumidores. O caso é que non todo é verdadeiro pan artesán de Galicia.
Ese non, pero o artesán si, e en adiante só o que cumpra os requisitos establecidos estará amparado polo selo da IXP. Precisa polo menos un 25 por cento de fariñas autóctonas galegas, un quince por cento de masa nai e máximos no lévedo biolóxico e no sal. Unha receita que vén de atrás e que servirá para garantir un dos produtos estrela de Galicia.