Pan da Moa celebra o seu 15 aniversario cos mellores panadeiros
Pan da Moa celebra o seu 15 aniversario ao grande, invitando os mellores do sector para compartir os seus coñecementos neste obradoiro compostelán.
Guillermo Moscoso, panadeiro de Pan da Moa: "Facemos unha xuntanza de amigos que veñen de España e do estranxeiro, como Jeffrey Hamelman, que vén de América do Norte".
Todos estes amigos, incluído Hamelman, o autor da que se considera 'biblia do pan', están encantados coa experiencia.
Jeffrey Hamelman, panadeiro norteamericano: "Todo o mundo aquí abre o seu libro de receitas e compárteo sen ningún tipo de segredo. É un evento único e extraordinario".
Xavi Barriga, panadeiro catalán: "A nobreza do pan e a nobreza das persoas fan que sexa un evento en que todos estamos como na casa".
Beatriz Echeverría, panadeira madrileña do colectivo A Pepa: "Non hai nada mellor que estar con panadeiros galegos, que teñen moita sona. É un absoluto pracer".
Cada quen fai a súa especialidade, pero todos falan marabillas do pan galego.
Ibán Yarda, panadeiro e xornalista: "O pan galego é a alma do pan en España".
José Luis Miño, panadeiro galego: "A xente cada día valora máis as cousas ben feitas con tempo e que lle dediques responsabilidade. Galicia é unha reserva da biosfera en pan".
Unha reserva que neste obradoiro se enriquece con suculentas elaboracións propias e alleas.