CRTVG

Buscar

Palangreiros da Guarda deseñan dous trebellos para salvar tartarugas que pescan accidentalmente

Publicado o 08/11/2020 15:21

Estamos na Guarda, na sede da organización dos seus palangreiros. O patrón de pesca Pablo Rodríguez ensínanos os dous trebellos de aceiro inoxidable que deseñou César, un ferreiro da zona para salvar as tartarugas que por lances da pesca acaban accidentalmente nos seus barcos.

A preocupación polo coidado do mar e a súa fauna levou a organización guardesa de palangreiros a asesorarse con varias ONG, como Submon, para aprender primeiros auxilios veterinarios e como quitar os amocelos das tartarugas sen ferilas. Algunhas, como as de coiro, chegan a pesar ata 125 quilos.

Os salvatartarugas de Orpagu están rexistrados e patentados e antes da fin de ano cada barco da asociación levará os seus dous dispositivos.

Noticias web

08/11/2020