CRTVG

Buscar

Paco Olmos: "Só imos xogar finais, agora enfrontando un estilo moi diferente ao de Tenerife"

Publicado o 22/09/2021 17:55

Paco Olmos, adestrador do primeiro líder da tempada na Liga Endesa, o Rio Breogán, advertiu da dificultade que entraña a segunda cita do campionato, ante o Burgos a domicilio, e da necesidade de seguir construíndo un "carácter e ADN" que os identifique na volta á ACB.

Olmos explicou que teñen por diante unha "xornada dobre" a domicilio "con poucos días de recuperación" entre a cita de Burgos este xoves e a do sábado ante o Barcelona, aínda que matizou que aínda están "a principios de tempada" e ten "todo o equipo con saúde". Despois do sorprendente liderado no regreso á ACB, o técnico incidiu en conferencia de prensa na necesidade de "manter" os "principios" que tratou de inculcar desde a súa chegada ao club no verán: "Ser humildes, concentración e mentalidade".

Paco Olmos: "Só imos xogar finais, agora enfrontando un estilo moi diferente ao de Tenerife"

 

 

Noticias web

22/09/2021