Paco Olmos: "Queremos ser un equipo do que Lugo se sinta orgulloso"
Publicado o 10/08/2021 11:03
O Breogán comeza hoxe os adestramentos grupais
Onte o Obradoiro botaba a andar e hoxe é a quenda tamén do Río Breogán. Presentación do novo equipo. Mestura de xogadores novos e con outros con experiencia na competición e en equipos europeos importantes.
Ilusión en Lugo pola volta á ACB. O Tenerife será o primeiro rival o 18 de setembro.
Non será necesario agardar ata o tres de xaneiro para ver un derbi galego. O 28 de agosto disputarase a final da Copa de Galicia, o primeiro encontro para loitar polo trono galego.