CRTVG

Buscar

Paco Olmos asume con ambición a dirección do Breogán

Publicado o 20/07/2021 12:16

Paco Olmos asume con ambición o compromiso de manter o Río Breogán na ACB. Así o manifestou na presentación oficial esta tarde.

Despois de oito anos lonxe do baloncesto español, con experiencias exitosas en Porto Rico e sobre todo en México, o técnico valenciano, de 51 anos, volve á liga española da man do Breogán.

Equipo recentemente ascendido, con grande tradición baloncestística e que ten como case único obxectivo a permanencia. O club non confiou en Epifanio para ese reto, e Olmos asume que en Lugo vai pasar un exame moi rigoroso. 

 

Noticias web

20/07/2021