CRTVG

Buscar

Paco Olmos, novo adestrador do Río Breogán

Publicado o 15/07/2021 17:12
Paco Olmos, novo adestrador do Río Breogán

Francisco Olmos Hernández (Valencia 10 de xullo de 1970) regresa ao baloncesto español tras unha exitosa etapa en México e Porto Rico.

Formado no baloncesto da súa cidade natal, Olmos dirixiu equipos de formación na canteira do Valencia Básquet e foi adestrador axudante do primeiro equipo a mediados dos anos 90. Tras adestrar diversos conxuntos en varias categorías nacionais (Calpe, Inca, Huelva, Los Barrios), Paco Olmos regresou a Valencia para facerse cargo do primeiro equipo taronja na tempada 2002/03 e logrou a súa primeira ULEB Cup e o subcampeonato de liga ACB.

Na súa segunda tempada á fronte do banco laranxa, sitúa o equipo valenciano no TOP 16 de Euroliga e chega a cuartos de final do play off polo título de ACB.