Pachi Vázquez e o resto de acusados acóllense ao seu dereito a non declarar
Publicado o 09/12/2020 17:46

En Ourense, celebrouse a penúltima xornada do xuízo polos presuntos contratos a dedo no concello do Carballiño, cando era alcalde o que foi secretario xeral do PSdeG-PSOE Pachi Vázquez. Os acusados acolléronse hoxe ao seu dereito a non declarar. Antes, un perito da defensa apoiou a actuación dos acusados nos contratos investigados pola fiscalía.
O xuízo queda mañá visto para sentenza. Os encausados enfróntanse a penas de oito e dez anos de inhabilitación. As defensas piden a libre absolución.