Pachi Vázquez anuncia que a súa formación se presenta ás autonómicas
Publicado o 18/02/2020 14:03
O que fora secretario xeral do socialistas galegos, Pachi Vázquez, anuncia que a súa formación preséntase ás vindeiras eleccións autonómicas. Dende Espazo Común pretenden acadar un deputado por Ourense. Pachi Vázquez desconfía dos socialistas galegos e asegurou non ter liñas vermellas para futuros pactos.
"Non hai PSOE galego, non hai; hoxe é unha sucursal de Ferraz, onde antepoñen os intereses de Madrid aos de Galicia e, se tivesen intereses en Galicia, antepoñerían os de Galicia aos de Ourense, non teño ningunha duda. A liña vermella esta perfectamente definida: chámase Ourense".