Pachi Vázquez comunicará esta semana se crea un partido para as municipais
Pachi Vázquez esfollará a margarida a finais de semana. Asegura que a proposta de concorrer ás muncipais cun partido instrumenal non abrangue só ex-militantes socialistas.
"Non é só unha proposta de xente desgustada no propio partido socialista. Estamos tendo conversas con moita máis xente", asegura o ourensán.
"O único propósito que ten é desgastar o Partido Socialista. Sen dúbida, hai un pacto entre Pachi Vázquez e o Partido Popular para intentar garantir que Baltar se manteña na poltrona", di o secretario xeral dos socialistas ourensáns.
Unha acusación en que evita entrar o líder dos socialistas galegos.
"As operacións persoais cada quen que saiba o que quere facer da súa vida. Aos cidadáns o que lles preocupa é que imos facer co país", dixo Gonzalo Caballero.
Pachi Vázquez volve cargar contra a dirección ourensá do PSdeG por afastar, di, xente válida da formación. Non concreta en que concello será candidato de materializarse a creación dese novo partido.