Pablo Iglesias di que o Goberno non vai poder ignorar o debate sobre a monarquía
Publicado o 10/07/2020 15:06
Pablo Iglesias insiste en cuestionar a institución da monarquía. Na súa conta de Facebook, o vicepresidente do Goberno fai referencia aos negocios do rei emérito pero estende o debate a Filipe VI, ao incidir en que a monarquía é unha institución hereditaria.
O líder de Podemos asegura que o Goberno non pode esquivar este debate. "Hai un debate no noso país sobre a utilidade da Monarquía, ignoralo é absurdo e o goberno non o pode ignorar. Vai haber que falar", asegura Iglesias.