CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias anuncia que deixa todos os cargos e abandona a política activa

Publicado o 04/05/2021 23:32

EFE

EFE

O candidato de Unidas Podemos á Presidencia da Comunidade de Madrid Pablo Iglesias anunciou esta noite que dimite de todos os seus cargos e deixa a política tras o mal resultado do bloque de esquerdas na Comunidade de Madrid, que non logrou frear o avance da dereita.

"Cando un non é útil ten que saber retirarse", dixo esta noite o secretario xeral de Podemos despois de recoñecer que houbo unha gran mobilización na dereita e que el xerou máis rexeitamento que impulso para a esquerda, converteuse "chibo espiatorio" e por tanto fracasou.

Iglesias, cuxa formación logrou con todo un apoio mellor que nos comicios de 2019, cun 7,2 % dos votos e dez escanos, felicitou a Más Madrid polo seu "magnífico" resultado e anunciou que dá un paso atrás para dar espazo a novos liderados e rostros que traballen na renovación do seu proxecto político.