Pablo Graña e Iago Monteagudo pasan á loita polas medallas no Mundial
Publicado o 21/08/2019 17:00
Nos mundiais de piragüismo que se celebran en Hungría xa temos a dous galegos na loita polas medallas. Pablo Graña e Iago Monteagudo. O cangués Pablo Graña, xunto co madrileño Alberto Pedrero, gañaron a súa serie do C2 200 metros, o que lles permite acceder directamente á gran final do venres. E o K4 1000 metros, co galego Iago Monteagudo, acabou terceiro a súa serie e tamén estarán na final. En paracanoe, o boirense Adriàn Mosquera foi quinto na súa serie. Esta tarde debuta...Teresa Portela.