Cartas de amor na última 'performance' de Pablo Fidalgo no festival Plataforma de Compostela
Durante trinta anos Alexandro, un home italiano, gravou centos de casetes nos montes Abruzos dirixidos a unha namorada coa que só estivera unha noite, e que vivía en América.
Un encontro casual nunha libraría de Roma pon ese material nas mans de Pablo Fidalgo.
O resultado é 'Qualcosa nescerá da noi'. As casetes de Alexandro son peneiradas pola voz poética de Pablo Fidalgo nun texto materializado polo actor Juan Loriente que ofrece contida e emocionante interpretación.
Estreouse na Academia de España en Roma e representouse tamén en Sicilia, fronte ao Mar do estreito de Messina.
En Santiago o Festival Plataforma localiza na terraza do CGAC ese monte de palabras que falan do amor e da vida, da morte, da renuncia e de tantos outros enigmas.
En definitiva a historia de Alexandro é unha historia de 30 anos de amor, pero moito máis.
Esta tarde, novo pase na terraza do CGAC de Santiago Pablo Fidalgo e Juan Loriente converten as palabras en cinzas: "Qualcosa nescerá de noi".