Pablo Crespo e Diego Piñeiro, bronce na proba júnior C2 dos mundiais de piragüismo maratón
Publicado o 18/10/2019 16:44
Galicia é unha potencia mundial do piragüismo e desde A China seguen chegando novos éxitos. Onte Diego Romero acadou o ouro e Tono Campos a prata no maratón en distancia curta, sobre 3 quilómetros e 600 metros.
E hoxe máis medallas: Pablo Crespo e Diego Piñeiro. Os dous pontevedreses. Medalla de bronce nos mundiais de piragüismo maratón, na proba júnior de C2 sobre unha distancia de 18 quilómetros.
Unha curiosidade, Pablo Crespo é fillo dos olímpicos Ana Penas e José Manuel Crespo Villanueva. Está claro que a calidade lle vén na xenética.