CRTVG

Buscar

Pablo Casado presenta as eleccións xerais do 28 de abril como "un plebiscito"

Publicado o 17/03/2019 23:11

Acto de precampaña do PP en Málaga. O líder dos populares, Pablo Casado, acompañado polo presidente do PP de Andalucía, Juanma Moreno, presentaba o cabeza de lista por Málaga ao Congreso, o xornalista Pablo Montesinos, que debutaba como candidato.

O presidente do PP centraba o seu discurso na manifestación independentista de onte en Madrid, da que dixo que foi un "sonoro fracaso". Pabo Casado presentou as eleccións do 28 de abril coma un plebiscito.

Asegurou que o seu partido "non crispa", que só "alza a voz" e propón cambios, dixo, para "rescatar a España da indignidade" de Pedro Sánchez e dos independentistas.

Noticias web

17/03/2019