CRTVG

Buscar

Pablo Casado pregúntalle a Sánchez por que ten medo a un "cara a cara" televisivo

Publicado o 10/03/2019 14:53

O líder do PP, Pablo Casdo, pediulle hoxe un cara a cara televisivo a Pedro Sánchez na condición de líder da oposición e do partido más votado nas últimas eleccións xerais, apelando a que González, Aznar, Zapatero e Rajoy aceptaron "os debates a dous".

Casado centrou o seu discurso en reclamar maior visibilidade para a familia, as persoas maiores, os discapacitados e os enfermos. Propuxo varias medidas de apoio á maternidade, comezando polo emprego.

Casado afirmou que apoiarán con medidas fiscais, de vivenda e de axuda á educación as catrocentas mil parellas que teñen un fillo cada ano en España e que simplificarán os trámites de adopción.

Noticias web

10/03/2019