CRTVG

Buscar

Pablo Casado pídelle a Sánchez unha "condena rotunda" en relación cos escoltas de Podemos que foron detidos

Publicado o 01/05/2021 21:00

En relación coa detención dos dous escoltas de Podemos, o líder do PP, Pablo Casado, pediulle a Pedro Sánchez  unha condena explícita e expresou o seu apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

"Eu, desde aquí, pido unha condena rotunda de Pedro Sánchez por eses escoltas privados de Pablo Iglesias que patearon a policías nacionais, e todo o apoio á Policía Nacional e á Garda Civil, que son un orgullo para España", dixo Casado.

"Que vergoña! Os que se xogan a vida por nós pateados polos matóns de Pablo Iglesias. Non só lle pagamos a coidadora dos nenos, senón tamén a escoltas que patean policías. Xa está ben", engadiu.