CRTVG

Buscar

Pablo Casado pídelle a Sánchez que aclare se quere eleccións xerais

Publicado o 31/08/2019 14:53

O presidente do PP pídelle a Pedro Sánchez que aclare canto antes se quere eleccións xerais. Durante unha visita á localidade abulense das Navas do Marqués, afectada polas tormentas da semana pasada, Pablo Casado acusouno de "irresponsable".

O líder popular considera que o presidente en funcións non ten interese en formar goberno e proxecta a responsabilidade na oposición. Critica que o PSOE pacte con Podemos en autonomías, concellos e deputacións e, ao mesmo tempo, rexeite acordos coa formación morada para gobernar España.

"El dicía que os partidos facilitáramos un goberno de esquerdas, evidentemente, o PP non pode facilitar un goberno progresista e de esquerdas. Polo tanto, terá que explicarlles aos seus votantes por que o que conseguíu facer en sete comunidades autónomas, dez capitais de provincia ou en dez deputacións non é válido a nivel nacional", asegura o líder popular.

Noticias web

31/08/2019