CRTVG

Buscar

Pablo Casado entrega en Vigo os carnés aos novos afiliados do Partido Popular

Publicado o 24/03/2019 15:21

O presidente do Partido Popular asistiu en Vigo a un acto no que se fixo entrega dos novos carnés como afiliados a cen novos integrantes do partido, en representación das 600 altas rexistradas nos últimos meses. Neste evento tamén estiveron presentes os máximos cargos do PP en Galicia, co seu presidente Alberto Núñez, así como o responsable provincial, Alfonso Rueda, a candidata á alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, e as cabezas de lista para o Congreso pola Coruña e Pontevedra, Marta González e Ana Pastor.

Noticias web

24/03/2019