Pablo Casado empraza a Pedro Sánchez a romper o pacto con EH-Bildu
Publicado o 15/12/2020 15:10

Pablo Casado empraza a Pedro Sánchez a romper o pacto con EH-Bildu, despois da decisión do Supremo de repetir o xuízo polo caso Bateragune.
Nun chío, o presidente do PP destaca que Arnaldo Otegi será "xulgado por terrorismo" e polo tanto, engade, non é un "home de paz".
Casado dille a Sánchez que pactar con defensores da ETA non é un triunfo para a democracia e pídelle reprobar os seus socios que, di, atacan a xustiza.