CRTVG

Buscar

Pablo Casado dille non a Vox e deixa soa a formación de Santiago Abascal

Publicado o 22/10/2020 21:41

E ao final, Pablo Casado deulle as costas a Vox. Antes, e nun duro discurso, o líder popular tachara a estratexia de Santiago Abascal de desvarío estrambótico e acusárao de promover unha moción de censura que en realidade ía contra o PP. Casado díxolle que lle saíra a torta un pan. O presidente do PP, díxolle: "Esta moción non a dispara contra o Goberno, senón contra o partido que lle deu traballo 15 anos. É hora de poñer as cartas boca arriba. Ata aquí chegamos. Non é que sexamos covardes, o que ocorre é que non queremos ser coma vostede".

O líder de Vox non ocultaba o seu desconcerto ante o duro discurso de Casado. Santiago Abascal afeáballe "saír aquí para patear de xeito inmisericorde os seus propios socios. Aínda sigo perplexo pola equidistancia que vostede despregou hoxe nesta tribuna".

Tanto cambiaron as tornas que o maior eloxio, aínda que con matices, chegou a Casado do líder de Podemos. Pablo Iglesias admitiu que "hoxe fixo vostede aquí un discurso político brillante, pero creo que chega tarde".

Abascal protagonizou outro duro enfrontamento coas catro deputadas de Podemos que abriron a xornada e ás que o líder de Vox tachou de figurantes, entre outros descualificativos: "Son os floreiros que decidiu o machiño alfa que tiñan que saír para degradar a metade da cámara".

A quinta moción de censura remataba con aplausos para todos: Sánchez intacto, Casado reforzado e Abascal un pouco máis illado.

Noticias web

22/10/2020