CRTVG

Buscar

Pablo Casado di que o o Comité Federal do PSOE foi "o silencio dos cordeiros" fronte aos indultos aos independentistas

Publicado o 03/07/2021 14:50

Sobre o Comité Federal do PSOE, Pablo Casado dixo que foi "o silencio dos cordeiros" ante a rendición do marco constitucional aos independentistas.

O líder do PP facía estas declaracións no marco do Congreso do partido na Comunidade Valenciana, que hoxe elixe a Carlos Mazón como novo líder autonómico. Casado referiuse ao que dixo Pedro Sánchez sobre os efectos positivos dos indultos e remitiuse ás declaracións recentes de líderes independentistas. Tamén cuestionou que sexan un acto de valentía.

"Ou sexa, que valentía é mentir a todos os españois? É enganar ao teu electorado, é imcumprir o código ético do partido socialista, é ir contra o Tribunal Supremo, é ir contra catorce resolucións da Fiscalía, é ir contra o Tribunal de Contas, é ir contra o dereito internacional en materia de autodeterminación, é ir en contra da Constitución porque é que somos moi valentes? Pois non, son moi covardes"

Noticias web

03/07/2021