CRTVG

Buscar

Pablo Casado denuncia a "campaña sucia" do PSOE contra o PP

Publicado o 03/03/2019 14:52

O presidente do PP denunciou o que denominou "a sucia campaña que está a emprender a esquerda" contra o PP.

Di Pablo Casado que os socialistas poden buscar nos caixóns a "guerra sucia" que queiran, que "non van atopar nada" contra eles.

O líder do PP volveu atacar as medidas que cualificou de "sectarias" do goberno de Pedro Sánchez e que, segundo Casado, só volverán levar a unha "nova recesión".
 

Noticias web

03/03/2019