Pablo Casado defende a "fiabilidade" do PP fronte á "quebra" de Pedro Sánchez
Publicado o 16/02/2019 19:15
Pablo Casado asegura que o Partido Popular conseguiu deter a venda de España aos separatistas. Confía en gañar as eleccións xerais e promete aplicar un 155 duro.
Casado fixo este discurso na clausura da Convención de Economía e Emprego do Partido Popular, celebrado en Zaragoza. Di que conseguiu parar a recesión económica á que estaba destinado o país cos presupostos de Pedro Sánchez, e que o primeiro que fará cando chegue ao Goberno será unha revolución fiscal, cunha baixada masiva de impostos.
O presidente do PP reivindicou a política económica dos gobernos de Aznar e Rajoy. Casado asegurou, ademais, que se impón a "España tranquila" e que o seu partido ten a maioría social deste país.