Pablo Casado culpa a Pedro Sánchez de que se incumpra a lei en Cataluña
Publicado o 23/03/2019 19:49
Pablo Casado clausurou este mediodía un acto de precampaña en Mérida con candidatos ás eleccións xerais, co candidato á presidencia de Estremadura, José Antonio Monago, e a candidata á alcaldía de Mérida, Pilar Nogales.
Na súa intervención, o líder dos populares cualificou a Pedro Sánchez como o presidente "máis radical" e "máis sectario que tivo nunca España" e culpouno da situación que se vive en Cataluña.
Casado tamén tivo palabras para o líder de Podemos, Pablo Iglesias, do que dixo que "non fai falta que volva porque representa a mesma radicalidade ca Sánchez".
O líder do PP volveu equiparar as eleccións do 28 de abril cun referendo entre o proxecto político de Sánchez e o dos populares.