Pablo Casado asegura que o problema é Sánchez polo que ten que irse
Publicado o 11/07/2021 14:13
Da remodelación do goberno falou o líder da oposición. Pablo Casado cre que Pedro Sánchez se fixo unha moción de censura a si mesmo.
Asegura que o Goberno é un barco que fai augas e que Pedro Sánchez intenta tirar lastre sen decatarse que o verdadeiro lastre para España é o propio presidente do Goberno.