CRTVG

Buscar

Casado asegura que o PP "evitou a quebra de España" e fixo "tirar a toalla" a Sánchez

Publicado o 17/02/2019 21:02

Acto de precampaña tamén para o PP. O líder dos populares, Pablo Casado, asegurou esta mañá en Torrelaguna, Madrid, que o seu partido evitou a ruptura de España e a súa quebra económica ao conseguir que Pedro Sánchez "tirara a toalla". Asegurou, ademais, que o 28 de abril os españois terán que elixir entre "un partido constitucionalista ou o caos".

O presidente do PP aseguraba hoxe que o seu partido evitou a ruptura de España e que o país se arruinase por terceira vez ao lograr que o presidente do Goberno "tirara a toalla e convocara eleccións". Pablo Casado chamaba ademais "cínico" ao PSOE "por negociar cos separatistas" e "negalo".

Casado fixo estas declaracións na presentación dos 42 candidatos da Serra Norte de Madrid que concorrerán ás eleccións municipais de maio. O líder dos populares amosouse convencido de que ao PP lle vai ir moi ben nos comicios, dixo, a pesar das enquisas.

Dixo Pablo Casado que "este é o Partido Popular de sempre, sen complexos pero sen dogmas", e engadía que o 28 de abril os españois terán que elixir entre "a Constitución, a defensa da lei e a unidade nacional" ou "o caos de socialistas, comunistas e independentistas".

Noticias web

17/02/2019