CRTVG

Buscar

Pablo Casado asegura que o PP é "o único partido que garante a unidade de España"

Publicado o 23/02/2019 17:07

O Presidente do PP asegurou hoxe que Pedro Sánchez volverá negociar, segundo as súas palabras, cos "Que queren romper España" para poder chegar ao Goberno.... Volveuse referir á figura do relator e cualificou os pasos dados en Cataluña polo executivo de Sánchez como a "indignidade de Pedralbes" ...

Pablo Casado facía este discurso na clausura en Granada do acto no que o candidato popular á alcaldía, Sebastián Pérez, presentou o seu proxecto para a cidade... e no que tamén participou o presidente rexional do partido e da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno.

Casado asegurou nese acto que o PP é o único partido que garante a unidade de España...

O Presidente do PP afirmou que nas vindeiras eleccións xerais se vai escoller entre unha España en branco en negro, que representa o PSOE, ou unha España na que caben todos, co Partido Popular.



 

Noticias web

23/02/2019