Pablo Casado asegura en Santiago que "está listo" para unhas eleccións
Publicado o 17/07/2021 16:41
O presidente do PP, Pablo Casado asegurou na clausura do Congreso do PPdeG que a súa formación "ten listo" todo para afrontar unhas eleccións xerais en España. Di que conta co aval de ter aos mellores dirixentes qye xa gobernan para acceder tamén agora á Moncloa.
Afirma Casado que o PP ten a alternativa preparada para gañar. "Estou convencido de que moi pronto vannos dar a oportunidade de poñer todo isto en práctica" proclamou Casado na intervención do Congreso do PPdeG que reelixiu a Núñez Feijóo á fronte da formación en Galicia.