CRTVG

Buscar

Pablo Casado acusou a Pedro Sánchez de "indignidade democrática"

Publicado o 07/04/2019 15:01

O líder dos populares, nun acto de precampaña en Córdoba, cualificou de "indignidade democrática" que o Goberno de Pedro Sánchez "busque" os votos de EH Bildu para sacar adiante os seus decretos e que Bildu se "vanaglorie" por iso.

"Eu non vira nunca tal indignidade democrática, que un goberno socialista que tamén sufriu vítimas do terrorismo etarra estea rogando os votos de Bildu e despois Bildu se regodee".

Pablo Casado afirmou que se gaña as eleccións "non vai permitir" que en España "manden terroristas e independentistas" e cuestionou un repartimento de ministerios nun hipotético Goberno de Sánchez.

"Imaxinamos o goberno de Sánchez no futuro, xa temos ministro do Interior, Pablo Iglesias; ministro de Exteriores, Puigdemont; ministro de Xustiza, Torra, e agora temos a Otegi, que ministerio lle vai dar a Otegi? o de Defensa?".

Casado asegurou que as eleccións do 28 de abril van "sobre a disolución de España".

"Van seguir pedindo todo o que Sánchez estea disposto a darlles, polo tanto o que estamos votando é a disolución de España ou o mantemento do noso sistema democrático actual".

E engadiu que o PP vai defender a Constitución e a dignidade das vítimas do terrorismo.

Noticias web

07/04/2019