CRTVG

Buscar

Pablo Casado acusa a Pedro Sánchez de ser "socio dos proetarras"

Publicado o 06/04/2019 14:43


Pablo Casado, desde un acto de precampaña en Salamanca, asegura que esta foi unha "semana dura", despois de que EH Bildu apoiara os decretos sociais do Goberno de Pedro Sánchez... e de que o PSOE votara a favor da Lei de abusos policiais no Parlamento Vasco.

O líder dos populares di que Sánchez é o "socio dos proetarras". Casado fala de "espectáculo", de "desgarro" e de "traizón ás vítimas do terrorismo"

O líder dos populares xa anunciou onte que o seu partido vai presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional contra esa lei de abusos policiais...

E despois de que a ministra portavoz, Isabel Celaá, pedira que Bildu se desculpe polos asasinatos da ETA... di Casado que o PSOE quere agora "lavar a súa conciencia".

O presidente do PP tamén tivo palabras para Podemos, o que acusa de asesorar o Goberno venezolano. Casado rexeitou que Pablo Iglesias poida aspirar a ser o ministro do Interior dun goberno de Sánchez
 

Noticias web

06/04/2019