CRTVG

Buscar

Pablo Carreño sorprende a Novak Djokovic e gaña a medalla de bronce

Publicado o 31/07/2021 10:45
Pablo Carreño sorprende a Novak Djokovic e gaña a medalla de bronce

Pablo Carreño soubo refacerse da derrota nas semifinais e conseguiu derrotar o número 1 do mundo, o serbio Novak Djokovic, para levarse a medalla de bronce no torneo de tenis (6-4, 6-7, 6-3). 

Carreño levou a iniciativa durante todo o partido. Gañou o primeiro set por 6-4 e tivo unha bola de partido no segundo set no tie break. Djokovic, mermado no aspecto físico, tirou de xenialidade e levou o partido á definitiva manga. 

Unha rotura de servizo ao pouco de comezar serviulle a Carreño para lograr unha vantaxe que non deixaría escapar. Despois dun interminable noveno xogo dese terceiro parcial Carreño puido festexar un novo metal para a delegación española.