CRTVG

Buscar

Ozmizrak rescinde o seu contrato co Obradoiro

Publicado o 23/06/2021 20:30

Kartal Ozmizrak deixa o Monbus Obradoiro. O base turco pediu a rescisión do contrato, unha decisión que viña barallando dende hai días e que hoxe fixo oficial. Ozmizrak chegara o pasado verán con contrato por dúas campañas, pero decidiu executar el mesmo a cláusula de rescisión e acurtar a estancia en Santiago. Malia os problemas físicos que arrastrou promediou case oito puntos e tres asistencias en 17 partidos. Medios turcos sitúan o novo destino de Kartal no seu país de orixe.

Noticias web

23/06/2021

Máis sobre Deportes