CRTVG

Buscar

Oyarzábal rescata a selección de fútbol cun gol no minuto 80 (1-0)

Publicado o 25/07/2021 14:34
Oyarzábal rescata a selección de fútbol cun gol no minuto 80 (1-0)

España situouse como líder do seu grupo nunha sufrida vitoria diante de Australia por 1-0 grazas a un gol de Oyarzábal no minuto 80. Igual que no primeiro partido, o equipo de Luis de la Fuente levou o peso do partido pero non tivo o acerto para superar a defensa dos australianos, que buscaban o empate para manterse á fronte da clasificación. 

A última xornada enfrontará España coa Arxentina, que lle gañou a Exipto por 1-0 e apertou moito o grupo. Os españois precisan, cando menos, un empate.