CRTVG

Buscar

Un segundo barco confinado en Vigo con oito tripulantes positivos por covid

Publicado o 08/05/2021 14:38

Tiña que partir este sábado cara a Valencia, pero o Emerald Leader, un buque con bandeira das Bahaamas, permanece atracado en Rande tras chegar a Vigo con sospeitosos de ter covid.

Están confirmados 8 positivos. Un deles ingresaba esta noite nun hospital de Vigo con sintomatoloxía. Está estable en planta. O resto dos tripulantes son asintomáticos e permanecen illados no interior do buque. En ningún momento pisaron terra e nada máis chegar a Bouzas, onde se fixo a descarga sen a presenza dos membros da tripulación, foron desviados a Rande, onde están atracados. Agora será a armadora a que determine se o barco queda aquí confinado polo menos dez días.


É o segundo barco de carga que debe gardar corentena tras chegar a Vigo con tripulación infectada. Sanidade tenta verificar arestora a variante deste gromo que obrigou a activar novamente os protocolos do porto.

O seu xemelgo continúa amarrado no peirao de transatlánticos de Vigo. Dos oito infectados cinco seguen hospitalizados, un na UCI. Este luns someterase a toda a tripulación deste buque a novas probas PCR tras pasar a corentena.