Outras dúas asistentas, e xa van sete, denuncian ser vítimas do secuestrador sexual do barrio vigués de Castrelos
Outras dúas asistentas do fogar denuncian ser vítimas do secuestrador sexual do barrio vigués de Castrelos e da súa muller. Estas mulleres ratificaron nas últimas horas os abusos nesa vivenda de Castrelos e corroboraron as versións ofrecidas por outras vítimas. Foron localizadas grazas á documentación atopada no piso pola policía.
As últimas denunciantes confirmaron que o home se facía pasar por médico para realizarlles unha exploración vaxinal coa escusa de que ían coidar unha nena pequena e tiñan que asegurarse de que non padecían ningunha enfermidade. A trama suma xa 7 afectadas, a maioría de Nicaragua e Guatemala e en situación de especial vulnerabilidade.
O feitos tiveran lugar en outubtro do ano pasado, cando unha das mulleres destapou o caso. Denunciaba que fora retida na vivenda e que era obrigada a realizar tarefas domésticas en tanga. Cando os axentes acudiron ao domicilio o suposto secuestrador precipitouse por unha fiestra e faleceu. A súa muller, tamén acusada na trama, ingresou en prisión provisional onde permanece dende hai catro meses.