CRTVG

Buscar

Outra fin de semana con ocupacións de case o 80 % en vilas turísticas galegas

Publicado o 11/06/2021 15:30

"Moita xente, ás 10 da mañá deixei aquí a cadeira e non había ninguén, 2 persoas paseando, e agora veño de almorzar e vexo isto. Isto é un paraíso e hai que escapar e hai que promover a nosa terra e non ir fóra, non é preciso".

O turismo reactivouse en Sanxenxo, con gran ledicia para o sector. "Estamos moi contentos, preséntase moi ben, o tempo está sendo moi bo, a verdade é que xa están a maioría dos establecementos abertos, queda algún aínda pechado que abrirá nestes próximos días, pero a verdade é que a ocupación está bastante alta, eu penso que pode estar sobre o 70 ou 80 %", ​ informa Alfonso Martínez, presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos.

Hai indicadores que non deixan lugar a dúbida de que Sanxenxo está recibindo xa moita xente. "Chamounos moito a atención que o aparcadoiro que está no porto deportivo neste mes de maio que aínda estamos en pandemia fóra o mes récord de toda a historia dende que se abriu o aparcadoiro, pois é moi importante, non. E por outro lado o consumo de auga temos algunha fin de semana que se consomen máis de 20 millóns de litros de auga. Que significa iso? Significa que moitas persoas xa están agora por aquí", explica ​Telmo Martín, allcalde de Sanxenxo.

Aínda quedan prazas por vender das 16.000 que ten Sanxenxo en total, pero as reservas para o verán van a un bo ritmo e ademais as estancias son de media moito máis longas.

Noticias web

11/06/2021