Ouro para Sandra Sánchez e Alberto Ginés na estrea das súas disciplinas como deporte olímpico
Publicado o 05/08/2021 15:01

Sandra Sánchez lograba a segunda medalla de ouro para a delegación española na estrea do karate como deporte olímpico. Un par de horas despois, Alberto Ginés facía o propio na proba de escalada deportiva acadando a décimo cuarta medalla española.
A karateka superou na final de Kata feminino a súa gran rival nos últimos anos, a nipoa Kiyou Shimizu, e proclamouse campioa olímpica no estadio Budokan de Toquio.
O cacereño Ginés logrouno con suspense, despois das tres probas de 'búlder', dificultade e velocidade. Sabíase que asegurara a medalla, pero houbo que esperar, nuns intres de moita tensión, para saber o metal da mesma. Finalmente, ouro e primer campión olímpico desta disciplina.