CRTVG

Buscar

Ourense, última cidade galega en acender as luces de Nadal

Publicado o 11/12/2020 21:12

Ourense é a última cidade galega que acendeu a súa iluminación de Nadal. Esta tarde comezaron a acender a luces na zona histórica, e a árbore de Nadal xa loce na praza Maior de Ourense. Con case 19 metros de alto e 7 metros de ancho, os fíos de luz simulan as variñas dun paraugas e conta con máis de 50.800 luces led. Malia o atraso o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, di que a iluminación deste ano é o proxecto máis ambicioso na súa historia. Con máis de 2 millóns de puntos de luz a decoración de Nadal chegará a máis de 150 lugares da cidade. Iranse acendendo progresivamente nas rúas, prazas e nos barrios da cidade e prevese que a decoración completa estea rematada entre os días 18 e 20 de decembro.
 

Noticias web

11/12/2020