CRTVG

Buscar

Ourense ultima a elaboración das carrozas para as súas maxestades de Oriente

Publicado o 02/01/2019 13:34

Neste taller de Ourense máis de 30 enviados dos Reis Magos de Oriente traballan dende hai catro meses para darlles forma ás carrozas que levarán as súas maxestades de paseo por toda Galicia.

Ultiman os detalles duns deseños cos que pretenden soprender os máis cativos con atrevidas estruturas e con moita iluminación. A temática deste ano é variada, aquí deseñan a fabrican preto dun cento de carrozas e todas diferentes.

As súas maxestades están arestora recompilando xoguetes e sorpresas para todos e en moi pouco xa os teremos aquí. O sábado verémolos subidos nestas carrozas repartindo felicidade e ilusión entre todos os nenos galegos. A Television de Galicia retransmitirá en directo a chegada e o percorrido das súas maxestades.

Noticias web

02/01/2019