CRTVG

Buscar

Ourense tamén acollerá finalmente a proba de ocio nocturno impulsada pola Xunta

Publicado o 04/06/2021 14:16
Ourense tamén acollerá finalmente a proba de ocio nocturno impulsada pola Xunta

Finalmente Ourense si acollerá a proba piloto de ocio nocturno impulsada pola Xunta. Outro local do centro da cidade súmase á iniciativa despois de que se botase atrás o proposto nun principio.

O dispositivo levarase a cabo o sábado 12 de xuño en horario de nove da noite a unha da mañá cun máximo de 45 persoas. Participarán así nesta proba as sete cidades galegas. A normativa, similar para todas, as ocupacións, iso si, dependerán do espazo do local. 

Noticias web

04/06/2021