CRTVG

Buscar

Ourense será a única provincia con todos os seus concellos en nivel baixo

Publicado o 09/06/2021 14:34

Ourense é a única provincia de Galicia en que a partir do sábado todos os seus concellos quedarán no nivel básico de restricións. Noticia que coincidía no tempo cun ingreso na UCI que é o primeiro nesa área sanitaria, desde que o venres pasado quedara libre de pacientes covid nas unidades de críticos. 

Levan unha semana sen novos contaxios, por iso Cenlle aliviará as restricións este sábado. Regresarán ao nivel máis baixo, con ocupacións na hostalería de 75 por cento fóra e 50 dentro. O mesmo que Lobios e O Barco de Valdeorras, polo que dende este sábado toda a provincia de Ourense quedará libre de medidas especiais grazas á boa evolución da pandemia.

Unhas distancias máis difíciles de manter na cidade, onde se concentran a metade dos casos activos que hai neste intre na área sanitaria, sobre todo en xente nova. Tranquilidade, pero sen baixar a garda. As unidades de coidados intesivos que quedaran baleiras o pasado venres xa contan cun paciente ingresado. Atópase nun dos hospitais privado da provincia.

Noticias web

09/06/2021

Máis sobre Ourense