CRTVG

Buscar

Ourense reúne traxes e personaxes tradicionais do Entroido

Publicado o 18/03/2021 21:38

Son 120 figuras que son parte do entroido máis senlleiro do país. Unha selección que permite recoñecer a evolución do que algo máis que unha festa para converterse nunha forma de ser. Na exposición hai peliqueiros e carautas con máis de 100 anos de antiguedade, labardeiros cheos de cor ou xenerais do Ulla vixiados de preto polo oso de Sande ou as formigas de Laza e Matamá. Pero esta selección de traxes para vestirse de Entroido permite descubrir máis cousas o enigmático charrelo da Veiga ou os puchos de Manzaneda vestidos pola mourela. A exposición merece unha visita aínda que sexa oara vestirnos doutro xeito cando toque.
 

Noticias web

18/03/2021