CRTVG

Buscar

Ourense podería restrinxir a mobilidade se seguen a medrar os contaxios

Publicado o 18/12/2020 14:50

Cando falta menos dunha semana para o comezo das festas, as cifras non traen boas novas na cidade de Ourense. Dos 104 casos que contabilizaron o 9 de decembro pasaron hoxe aos 144.

Un aumento de máis do 30 por cento dende a pasada ponte festiva.

As autoridades sanitarias están vixiantes e non desbotan a posibilidade mesmo dun peche da cidade para as festas se os datos non melloran.

Esas restricións na mobilidade aplicaríanse para evitar que o virus se espalle durante a celebración das festas.

Por iso, segundo as autoridades sanitarias, é tan importante a responsabilidade individual e recomendan que esas xuntanzas programadas para os vindeiros días, sexan na medida do posible só entre conviventes.

Noticias web

18/12/2020