Ourense e Coruxo, ilusionados coa Copa do Rei
Os presidentes fan números estes días porque a Copa é unha inxección económica para os clubs modestos. Ingresan da Federación por esta eliminatortia uns 30.000 euros
Camilo Díaz, presidente do Ourense C. F.: "Todas as axudas nos tempos que corren sempre se agredecen".
Gustavo Falque, presidente do Coruxo C. F.: "É un incentivo económico que che axuda a completar o orzamento anual".
A Copa a partido único é un torneo para soñar. O Ourense recibe o Leganés, cuarto clasificado da Segunda división
Camilo Díaz, presidente do Ourense C. F.: "Soñar é de balde, trataremos de pelexar con todas as nosas forzas sabendo que é un equipo de superior categoría, as diferenzas son moi grandes entre os dous clubs. Si que a un partido é certo que todo se iguala, pero as diferenzas aínda así son moi grandes".
O Coruxo está no seu mellor momento e agarda polo Málaga
Gustavo Falque, presidente do Coruxo C. F.: "A un partido sempre hai opcións, pero hai que recoñecer que vas xogar contra un rival de moita entidade".
Oito equipos galegos abren esta semana unha Copa que adoita ofrecer moitos sorrisos e sorpresas.